Nos últimos anos o Concello de Betanzos está a experimentar un preocupante declive do tecido comercial derivado do peche de pequenos establecementos. A falta de sustitución xeracional, o envellecemento da poboación e a competencia das grandes superficies comerciais e a venda en liña están a provocar a desaparición progresiva do comercio local.
Esta tendencia supón non só unha perda da actividade económica, senón tamén un deterioro do tecido social e da calidade de vida da veciñanza, que ven como minguan os servicios esenciais no territorio.
Ante esta realidade, resulta imprescindible poñer en marcha medidas específicas que contribúan a frear o peche de comercios, dinamizar as vendas e reforzar o consumo de proximidade, garantindo así o mantemento do comercio como motor económico e como servicio público de primeira necesidade no concello.
A través desta liña de axudas o Concello de Betanzos considera prioritario apoiar directamente os pequenos establecementos comerciais do concello promovendo un impacto positivo tanto na súa viabilidade como no acceso a ciudadanía a bens e servicios básicos dentro do propio concello.
Por iso, en liña co compromiso con este sector, o Concello de Betanzos impulsa esta iniciativa de dinamización do consumo local mediante axudas dirixidas a persoas físicas maiores de 18 anos, co obxetivo de facilitar a realización de compras en comercios situados no propio concello, como medidas complementarias a outras políticas públicas de diferentes ámbitos.
Con esta actuación, o concello contribúe a soster o tecido comercial, a promover un consumo responsable e de calidade, e a reforzar a resilencia económica do Concello de Betanzos, permitindo a toda a poboación maior de 18 anos, con independencia do lugar donde residan, poida realizar compras nos comercios situados no territorio do concello dentro do marco das súas competencias en materia de desenvolvemento territorial e apoio á economía local.
O fomentar o estímulo das vendas nos pequenos establecementos de proximidade, preténdese reforzar tamén o papel que estes comercios desenvolven como vertebradores da vida social e económica no municipio.
De acordo co disposto no artigo 30.1.4 do Estatuto de Autonomía de Galicia, que atribúe a comunidade autónoma a competencia exclusiva en materia de comercio interior, o Concello de Betanzos ten solicitado á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración a correspondente declaración de compatibilidade da presente liña de axudas co marco normativo autonómico, como órgano competente para velar pola coordinación e coherencia das políticas públicas no sector comercial galego.
As axudas reguladas nesta convocatoria tramitaranse a través dunha entidade financieira colaboradora.
Estas bases teñen por obxeto establecer a normativa reguladora pola que rexerá a concesión no ano 2026 das axudas de Programa de apoio o comercio local no Concello de Betanzos.
O obxetivo deste programa é incentivar a demanda comercial, axudando económicamente ás persoas consumidoras, así como fomentar o consumo nos establecementos comerciais retallistas adheridos á campaña.
Ademais o programa ten como finalidade propiciar o fortalecemento do sector comercial no concello, dinamizar a actividade comercial promovendo as compras de bens en comercios de proximidade, mellorar o fondo de manobra dos establecementos comerciais e paliar o impacto negativo derivado da actual situación inflacionista.
Para a concesión destas axudas destinarase a cantidade de 10.000 €, financiados con cargo á aplicación orzamentaria 431/481.00 do orzamento do Concello de Betanzos.
A xestión e distribución do valor nominal dos bonos mediante o canxe e da comprobación das condicións e requisitos de cada operación de venda farase en colaboración cunha entidade colaboradora.
Por medio desta convocatoria subvencionarase a compra de bens, a través de bonos desconto, nos establecementos comerciais retallistas do Concello de Betanzos adheridos ao programa.
As vendas subvencionables serán as que se realicen entre o 2 de novembro e o 2 de decembro de 2026.
Estes bonos non se poderán empregar para a adquisición de tarxetas regalo, vales, bonos ou similares.
Estas axudas terán a consideración de subvencións a efectos do previsto na Lei Xeral de Subvencións e nas súas normas de desenvolvemento.
O procedemento para a concesión das axudas reguladas nestas bases é de outorgamento de subvencións en réximen de concorrencia non competitiva ao abeiro do disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencions de Galicia, atendendo á orde das solicititudes ata o esgotamento do crédito previsto no artigo 3 destas bases reguladoras.
Xustificase a excepcionalidade porque nestes casos non é necesaria a comparación de proxectos entre si polo interese especial en promover actuacións que fomenten o consumo nos comercios retallistas, cumprindo os requisitos especificados nestas bases.
O responsable da xestión das axudas será o Servicio de Promoción Económica e Desenvolvemento Local, a quen lle corresponderá desenvolver as actuacións de supervisión e control da correcta execución do programa.
De conformidade co artigo 5.2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, a xestión dos fondos públicos asignados ao programa levaranse a cabo de acordo cos seguintes principios:
Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de 18 anos, con independencia do lugar onde residan, que realicen as actuacións establecidas no artigo 5 destas bases reguladoras.
Os establecementos comerciais retallistas que desexen adherirse ao presente programa deberán proceder a rexistrarse na web "www.bonosbetanzosecomercio.gal" indicando a seguinte información:
O prazo de adhesión dos comercios rematará o día 26 de outubro de 2026 ás 23.59 horas.
Mediante Resolución da Alcaldía poderase modificar a devandita data se razóns organizativas ou doutra índole así o aconsellaran, dándose oportuna publicidade.
Poderán adherirse ao programa os establecementos comerciais retallistas que cumpran os seguintes requisitos:
A alta e o uso da aplicación polos comercios suporá a aceptación das condicións do seu uso e da política de privacidade conforme o Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se deroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos) e á Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, da que serán informadas convenientemente.
Na alta para a adhesión ao programa os comercios poderán outorgar a súa autorización para recibir información das axudas, actuacións e programas que poña en marcha o Concello de Betanzos.
A persoa física que exerza actividade comercial ou o representante legal no caso de persoa xurídica deberán asinar dixitalmente a declaración responsable, manifestando o cumprimento das condicións establecidas e a veracidade dos datos indicados, sen prexuízo de cantas outras formalidades estean obrigadas a cumprir. O Concello de Betanzos poderá comprobar e, no seu caso, solicitar en calquera momento os documentos acreditativos dos mencionados requisitos.
Non se admitirán nin terán en conta as solicitudes presentadas por establecementos que non cumpran coas anteriores condicións nin coa forma establecida nestas bases.
O nome comercial e a localización dos establecementos retallistas adheridos ao programa farase pública na web "www.bonosbetanzosecomercio.gal".
Poderán consultarse automaticamente os datos dos comercios incluídos nos seguintes documentos agás que a persoa interesada se opoña á consulta:
No caso de que a persoa interesada se opoña á súa consulta deberá achegar os correspondentes documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
1. Para a solicitude e a obtención dos bonos, cada persoa usuaria deberá darse de alta na web "www.bonosbetanzosecomercio.gal" indicando a seguinte información:
2. O uso da páxina web e a descarga dos bonos polas persoas usuarias suporá a aceptación das condicións do seu uso e da política de privacidade conforme o Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se deroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos) e á Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, da que serán informadas convenientemente.
3. As persoas usuarias deberán declarar responsablemente a veracidade dos datos indicados. O Concello de Betanzos poderá consultar os datos das persoas solicitantes que figuren nos documentos oficiais correspondentes, salvo que a persoa interesada se opoña expresamente a esa consulta, e poderá requirir, en calquera momento, os documentos acreditativos dos mencionados requisitos cando resulte necesario.
4. Así mesmo, as persoas usuarias deberán declarar responsablemente que están ao día do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
1. A descarga dos bonos polas persoas usuarias realizarase na web "www.bonosbetanzosecomercio.gal". Estes terán formato dixital a través dun código QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha APP que permita realizar pagamentos (Wallet ou similar).
2. Para poder trocar os bonos e facer efectivos os descontos ás persoas usuarias, os/as comerciantes terán que descargar no seu móbil a APP habilitada ao efecto pola entidade colaboradora.
3. No momento da compravenda, os/as comerciantes terán que introducir na APP o importe e o concepto da venda, aparecendo automaticamente o importe a cobrar (unha vez aplicado o desconto). O concepto da venda introducido na APP debe corresponderse coa numeración do tícket ou factura de compra entregada á clientela.
Pola súa banda, as persoas usuarias deberán mostrar o seu bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra realizada.
4. Os bonos descargados poderanse utilizar ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance o orzamento desta convocatoria.
Os establecementos comerciais adheridos ao programa adquirirán, a través da solicitude de adhesión ao programa, as seguintes obrigas:
O Servizo de Promoción Económica e Desenvolvemento Local do Concello de Betanzos será o responsable da instrución do procedemento de concesión da subvención.
Corresponderalle á Alcaldesa de Betanzos ditar a resolución correspondente, sen prexuízo da delegación noutros órganos.
1. Cada persoa beneficiaria disporá dun único bono que poderá ser usado nun ou varios dos comercios retallistas adheridos ao programa.
2. Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de ata 25 euros para as compras realizadas nos comercios adheridos. O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realizada de acordo cos seguintes criterios:
Todas estas contías enténdense co IVE incluído.
3. A validez dos bonos estenderase ata o prazo previsto no artigo 18, salvo o esgotamento previo do seu saldo, ou ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance o total do orzamento do programa.
4. A través da plataforma tecnolóxica do programa, os/as comerciantes terán á súa disposición a información necesaria e poderán consultar o histórico das súas vendas, os bonos xa trocados, os abonos feitos pola entidade colaboradora e os demais detalles de cada operación.
5. En caso de devolución do ben ou bens comprados, o importe da compra poderá ser trocado por outra compra de prezo igual ou superior ou por un vale sen caducidade polo importe correspondente. O/a comerciante non poderá abonar á persoa consumidora, en ningún caso, diñeiro en efectivo ou na tarxeta de crédito.
6. Non será aplicable o troco desta axuda para as compras en liña.
Os bonos estarán dispoñibles na web "www.bonosbetanzosecomercio.gal" para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 2 de novembro de 2026 ás 10.00 horas ata o 2 de decembro de 2026 ás 20.30 horas, ou ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance os 10.000 € (dez mil euros).
O Programa de apoio ao comercio local no Concello de Betanzos estará en vigor ata o día 2 de decembro de 2026, prazo en que remata o troco dos bonos nos establecementos adheridos ao mesmo.
Mediante Resolución da Presidencia do Concello de Betanzos poderase modificar a devandita data se razóns organizativas ou doutra índole así o aconsellaran, dándose a oportuna publicidade.
Co troco dos bonos na forma establecida no artigo 13 destas bases reguladoras, as axudas entenderanse concedidas ás persoas beneficiarias.
A resolución de concesión das axudas publicarase no Boletín Oficial da Provincia, na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) e na páxina web oficial do Concello de Betanzos, con indicación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas.
O Concello de Betanzos, como responsable do programa, reserva para si o dereito de realizar durante o período de vixencia do antedito programa, e a posteriori e de forma aleatoria cantas comprobacións, inspeccións e demais medidas de control xulgue oportunas para asegurar a correcta aplicación dos recursos públicos e para verificar o adecuado desenvolvemento e execución do mesmo.
No suposto de que exista algún incumprimento por parte dos establecementos adheridos, o Concello de Betanzos poderá cancelar a adhesión destes ao programa. Neste caso comunicará a dita circunstancia á entidade colaboradora a fin de impedir o troco dos bonos e paralizar o proceso do seu pagamento ou solicitará, se é o caso, o reintegro dos fondos percibidos.
Os comercios retallistas adheridos ao programa están obrigados a facilitar canta información lles sexa requirida polo Concello e os restantes órganos competentes no exercicio das súas funcións de control do destino das axudas concedidas.
Alén do anterior, estas axudas están sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención do Concello de Betanzos nos termos establecidos na Ordenanza xeral de subvencións e transferencias do Concello de Betanzos, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e, se é o caso, aos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.
A recollida dos datos persoais está encomendada á entidade financeira adxudicataria ostentando o Concello de Betanzos a condición de responsable do tratamento. Os ditos datos serán tratados coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión dos bonos emitidos ao abeiro do Programa provincial de apoio ao comercio local.
O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público en base á Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A información relativa ao nome comercial e á dirección postal do comercio retallista, ao nome da persoa representante e ao teléfono móbil poderá ser comunicada a terceiros colaboradores para a entrega do material coa imaxe corporativa do programa aos establecementos adheridos.
Serán obxecto de publicación os nomes comerciais dos comercios retallistas adheridos ao programa na páxina web "www.bonosbetanzosecomercio.gal".
As persoas interesadas poderán solicitar ante o/a responsable acceder, rectificar ou suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos a través da sede electrónica do Concello de Betanzos ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Así mesmo, poderán exercitar os devanditos dereitos na correspondente dirección da entidade financeira colaboradora seleccionada.
Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 8.1 c) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
As persoas interesadas poderán obter información adicional a través da web "www.bonosbetanzosecomercio.gal". Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento poderán facer uso do teléfono de información xeral do Concello de Betanzos 981 770 011.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de Datos Nacional de Subvencións a información requirida por esta.
Darase conta á Axencia Estatal de Administración Tributaria da información preceptiva de relevancia tributaria.
Información mantida e publicada en internet polo Concello de Betanzos