O Concello de Betanzos pon en marcha os Bonos Betanzos é Comercio, unha iniciativa para apoiar e dinamizar o comercio local, incentivando o consumo nos establecementos da vila. A veciñanza poderá acceder a vantaxes directas nas súas compras, contribuíndo ao mesmo tempo a reforzar o comercio de proximidade.
Cada persoa maior de idade disporá dun Bono Betanzos é Comercio con desconto de ata 25€, para utilizar nos establecementos adheridos á campaña.
Establécense tres tramos de gasto nos que se aplicarán os descontos correspondentes:
*IVE INCLUIDO
* Semanalmente, o comercio recibirá a transferencia correspondente aos descontos aplicados ao número de conta proporcionado.
Información mantida e publicada en internet polo Concello de Betanzos